¿Que é
a Realidade Aumentada?
A realidade aumentada consiste en combinar o mundo real co virtual mediante
un proceso informático, enriquecendo a experiencia visual e mellorando a
calidade da comunicación.
Gracias a esta tecnoloxía pódese engadir información visual a realidade, e
crear todo tipo de experiencias interactivas: video xogos, productos en 3D,
etc...
Hai que distinguir entre realidade virtual e realidade
aumentada, xa que no primeiro caso imos ao mundo virtual que nos xera un
ordenador, mentras que na realidade aumentada servímonos do mundo virtual para
ampliar información do mundo real interactuando con ela.
Existen varios niveis de realidade aumentada.
Coa realidade
aumentada podemos salir da aula e aprender do que vemos, trátase dun concepto
diferente de aprendizaxe baseado no descubrimento. Do mesmo xeito é unha
ferramenta moi útil dentro da clase, axuda a reforzar e asentar coñecementos,
mediante a visualización de modelos 3D.
- Aplicacións de Realidade Aumentada
Augment 3D: Ofrece un amplio catálogo de obxectos en
3D que podes montar en calquer espacio real.
zooBurst: Esta aplicación permite crear libros
dixitais nos que a realidade é o escenario da historia.
- Proxectos Educativos con Realidade Aumentada
O proxecto consiste en traballar a Escultura a través da Realidade Aumentada.
O proxecto consiste en que os alumnos crearon diversos
materias dixitais entre os que se poden destacar unha ruta de realidade
aumentada xeolocalizada e unha videoguía de códigos QR para a súa cidade.
- Proposta a realizar
A actividade que realizaría cos nenos e nenas de
infantil sería a creacción de realidade aumentada a través dos seus debuxos.
Eles realizarían debuxos de animais e coa aplicación
AURASMA poderíamos ter esos animais en realidade aumentada.
A través desta actividade poderíamos traballar os
animais, fixarnos nos detalles, crear novos debuxos, crear un conto a partir
dos animais debuxados...
No hay comentarios:
Publicar un comentario